Thursday, June 6, 2013

Spam e estafas en internet

Chámanse Spam aos mensaxes non solicitados, non desexados ou de de remitente non coñecido (correo anónimo), habitualmente de tipo publicitario, xeneralmente enviados en grandes cantidades (incluso masivas) que perxudican de algunha ou varias maneiras ao receptor. A acción de enviar estes mensaxes denomínase spammiing.
 Os individuos ou empresas que envían correo non deseado empregan diversas técnicas para conseguir as longas listas de direccións de correo que necesitan para a súa actividade, xeneralmente a través de robots ou programas automáticos que recorren internet en busca de direccións activas.

A continuación comentarei algúns exemplos vistos en clase:

  • A estafa nixeriana consiste en ilusionar á vítima cunha fortuna inexistente e persuadila para que pague unha suma de diñeiro por adelantado, como condición para acceder á suposta fortuna. As sumas solicitadas son bastantes elevadas, pero insignificantes comparadas coa fortuna que as vítimas esperan recibir.
  • Anuncios de cans que consisten en adopcións ou de venta de animais de compañía en varios dos portales de Internet dedicados á compra-venta e incluso a adopción, ofrecendo cans, gatos e incluso animais exóticos a uns prezos moi baixos ou mediante a adopción, previo pago de ''gastos de transporte e tasas''.
  • Scammer rusa este é o caso no que a persona que comete o delito se fai entregar un ben patrimonial, por medio do engano, é dicir, facendo creer  a existencia de algo que en realidade non existe. Aquí, solicita o envío dunha cantidade de diñeiro para viaxar e reunirse coa persoa ''amada''. Por suposto, a persoa estafada non volverá a ver ese diñeiro, e moito menos á persoa á que mandou o diñeiro. 
  • Phishing mediante a inxeniería social caracterizada por intentar adquirir información confidencial de forma fraudulenta (como unha contraseña ou información detallada sobre as tarxetas de crédito ou outra información bancaria). O estafador se fai pasar por unha persoa ou empresa de confianza nun aparente comunicación oficial electrónica, polo común un correo electrónico, ou algún sistema de mensaxería instantánea ou incluso empregando tamén chamadas telefónicas.


Para mín é necesario a responsabilidade do estafado por medio deste tipo de suceso mediante a denuncia,  aínda que non sexa unha gran cantidade de diñeiro perdido, participaremoss na solución deste problema aínda que sexa case imposible no mundo de Internet.


Bulo ou Hoax

A palabra Bulo ven definida como unha noticia falsa divulgada, sobre todo con fins negativos. Aunque o término en inglés ''hoax'',con el que tamén é coñecido, popularizouse principalmente en castelán ao referirse a enganos masivos por medios electrónicos (normalmente Internet).

A diferenza do fraude, o cal ten normalmente unha ou varias víctimas específicas e é cometido con fins delictivos e económicos, o bulo ten como obxectivo o ser divulgado masivamente, para iso facendo uso da prensa oral ou escrita así como outros medios de comunicación, sendo Internet o máis popular na actualidade, e atopando a súa máxima expresión e impacto nos foros, redes sociais, e nas cadeas de mensaxes dos correos electrónicos. Os bulos non soen ter fins lucrativos ou polo menos ese non é o seu fin principal, aínda que poden resultar moi destructivos.

As persoas que crean bulos soen ter como obxectivo captar indirectamente direccións  de correo electrónico (para mandar correo masivo, virus mensaxes con suplantación de identidade, ou máis bulos a gran escala).
Básicamente, os bulos poden ser alertas sobre virus incurables; falacias sobre personas, institucións ou empresas, mensaxes de temática relixiosa; cadeas de solidaridade; cadeas da sorte; métodos para facerse rico; regalos de grandes compañías; mitos urbanos; e moitas outras.

Para recoñecer se certa información é un bulo ou non, débese:
  • Observar que a maioría son anónimos, non citan fontes (xa que carecen delas) e non están firmados para evitar repercusións legais.
  • Observar que carecen de fecha de publicación e están redactados da maneira máis atemporal posible para que pervivan o máximo tempo circulando na rede.
  • Observar que estes bulos conteñen sempre un gancho para captar a atención do internauta. O éxito do bulo residirá en cuán morboso, monetario, xenerador de medo sexa o seu gancho e sobre todo que sexa cercano a un ambiente actual.
Como exemplos  podemos atopar numerosos enredamentos co fin de que coas prisas ou non piquemos, aquí os os dixo algúns que me chegaron:
  • Whatsapp vai ser de pago de maneira inminente... reenvía este mensaxe a X personas antes do día X— (Gancho de medo basado en valor monetario) 
  • Actimel é malo para a saúde. Produces L. Casei e deixas de fabricar defensas — (Gancho de medo basado na saúde)




V de Vendetta

V de Vendetta, a película, basada nos comics escritos por Alan Moore, é a historia ambientada en Gran Bretaña durante un futuro cercano e tras unha guerra nuclear , con gran parte do mundo destruído. Neste tempo indefinido un partido un partido fascista ostenta o poder no Reino Unido. Un misterioso revolucionario apodado ''V'', oculto tras unha máscara de Guy Fawkes, comeza unha elaborada e violenta campaña co fin de derrocar o geberno e incitar á poboación a adoptar un modelo político-social distinto.
Esta película  foi producida en 2006 polos hermanos Wachowski que escribiron a adaptación cinematográfica dirixidas por James McTeigue con Hugo Weaving e  Natalie Portman como Evey Hammond. Esta versión foi tanto criticada como alabada, por un lado, condensa e omite varias historias laterais do cómic, facendo ao líder de Norsefire un mal unidimensional en moitos aspectos. Tampouco fai referencia directa á ideoloxía anarquista de V, o cal provocou que o guionista Alan Moore desmarcárase completamente do proxecto.

En relación coa liberdade de información nunha sociedade democrática paréceme unha característica imprescindible que todo o mundo ten que exisir se é o que verdadeiramente queren, xa que para min é un dereito fundamental como moitos outros. Polo tanto, non estou de acordo en que o goberno e moitas das grandes empresas podan controlar ou filtrar, máis ben manipular sen dereito ningún a información nunha sociedade libre que chega aos cidadáns para tenernos sometidos ou controlar a situación de seguridade na que, se non fora así, non a poderían controlar, e ao mellor  isto é o problema.



Thursday, May 30, 2013

LICENCIAS CREATIVE COMMONS

Nestes últimos días na clase de TIC estivemos falando sobre o tema do copyright e das licencias Creative Commos.
Por suposto as licencias Creative Commons (CC) revolucionaron o exercicio dos dereitos de propiedade intelectual en Internet. Mediante uns modelos de licencias estandarizadas, as CC facilitan que o autor autorice o uso e a explotación da súa obrs publicadda en Internet. Este proxecto entendeuse (e explicouse) como un movimento de oposición ao copyright, pero en realidade é moito máis complexa, xa que necesitaríamos examinar o contexto tecnolóxico e normativo que explica a aparición e a execución do proxecto, así como a adecuación das licencias CC ao réxime de propiedade intelectual do Estado español.

Por exemplo, cando vemos unha película online, través de páxinas como pelisyonkis, estamos infrinxindo a ley? Eu diría que non, xa que non estamos roubando para nada nin manipulamos, a maioría de nós, a súa orixe.



GIMP 7: Gif animado

iOs deixo aquí o meu gif animado no que puxen varios fotogramas onde cada unha é unha capa, traballo feito co GIMP:




Basura no parque

Nunha saída ao parque da Bouza (Coia) fixemos un pequeno reportaxe, o noso pretende ensinarnos que, aínda que supuxo un gran esforzo a construción deste parque e de moitos outros, a hora da verdade, non nos preocupamos verdaderamente da ''saúde'' deste.
Espero que vos guste!



















Thursday, May 23, 2013

Retoque fotográfico só é da actualidade?

Estes últimos días na clase de TIC estivemos tratando o tema do retoque fotográfico.

Esta primeira foto mostra a Lenin en 1920, dando un mitin en Moscú, alentando aos soldados que van a ir ao frente a combatir. Á dereita do estrado (segundo se mira a foto) ou á esquerda de Lenin, vemos a un tipo de pé que non é outro que Trosky.
 Trosky era un personaxe importante durante esta época e estaba "na cume", pero pouco despois viuse envolto nunha loita de poder dentro do Partido Comunista e terminou perdendo poder e prestixio. E nadie quere a alguien sen prestixio cerca, nin sequera nunha foto.Así, que con un pouco de retoque, intúese que con moito coidado, eliminouse a Trosky desta foto, para que non houbera probas da súa amistade con Lenin. ¿Absurdo? Seguramente. O resultado podemos velo nesta segunda foto.Actualmente estamos acostumados a ver fotomontaxes e maravillas do retoque feitas con Photoshop, pero o retoque de fotos é algo tan antigo como a propia fotografía, ou casi. O que sí é certo é que as ferramentas actuais permiten facelo mellor e máis sencillamente, pero tamén é máis complicado que o engano do retoque non se descubra.Actualmente estamos acostumados a ver fotomontaxes e maravillas do retoque feitas con Photoshop, pero o retoque de fotos é algo tan antigo como a propia fotografía, ou casi. O que sí é certo é que as ferramentas actuais permiten facelo mellor e máis sencillamente, pero tamén é máis complicado que o engano do retoque non se descubra. A miña opinión respecto isto é que podese empregar esta forma de expresar a actualidade pero tamén é necesario recoñecerlo xa que podería acabar nunha confusión.